O Concello activa un sinal intelixente para protexer a peóns e ciclistas na Senda da Auga

O alcalde visitou esta mañá o tramo no que vén de instalarse o sinal luminoso que advirte aos condutores da presenza de viandantes ou ciclistas nun dos tramos de “certa perigosidade” da Senda da Auga.
Por o 12/11/2018 | Sección: Concello de Vigo,Galicia,Vigo
O Concello activa un sinal intelixente para protexer a peóns e ciclistas na Senda da Auga

A ruta natural na que conflúe e finaliza o traxecto entre Vigo e Redondela, en paralelo á canle de auga, conta desde este luns cun sinal luminoso intelixente que se acende cando pasa ao seu carón un ciclista ou peón para advertir aos condutores.

Abel Caballero explicou que a Senda da Auga ten unha significativa afluencia de peóns, ciclistas e camiñantes e hai zonas con curvas de certa perigosidade, polo que o goberno municipal decidiu instalar estes dispositivos intelixentes para advertir aos condutores. Está previsto que se instale outro sinal máis para aumentar a seguridade do traxecto.

Noticias de última hora en Vigo

Una respuesta para "O Concello activa un sinal intelixente para protexer a peóns e ciclistas na Senda da Auga"

  1. Gamela   12/11/2018 at 22:59

    supoño que terá o mesmo futuro que a iluminación intelixente (?) do paseo do Lagares… Este verán non funcionaba e supoño que seguirá igual (?)

    Responder

Comentar noticia

Your email address will not be published.