O Concello ten en marcha un programa de inserción laboral de mulleres vítimas de violencia machista que agora mesmo conta con trece mulleres contratadas no Concello de Vigo durante un ano, cinco como auxiliares e oito máis como ordenanzas.
Por outra banda, o goberno de Vigo adica case 270.000 euros ao centro de atención que acolle a vítimas procedentes de toda Galicia. En pisos de acollida, o Concello presenta unha partida de 160.000 euros e destina outros 60.000 euros para axudas directas e 150.000 euros máis para a atención da infancia nos domicilios.
O alcalde valorou ademais o apoio que o seu goberno concede á Rede Veciñal contra os Malos Tratos, un total de 60.000 euros para colaborar coa súa función sen ser unha competencia municipal. Caballero denunciou que esta función lle corresponde á administración autonómica, que pola contra non coopera económicamente coa Rede.
Por último, o Concello de Vigo dispón dunha unidade especializada na Policía Local para a vixilancia, atención e formación das mulleres vítimas de violencia machista, composto por 16 efectivos.
Noticias de última hora en Vigo. Te contamos todo lo que sucede en nuestra ciudad. Desde los sucesos más relevantes hasta artículos de opinión y de interés.