O Concello adxudica a reforma dos pavillóns de Balaídos e o final da humanización das Camelias

O goberno de Vigo clasificou as ofertas presentadas -antiga adxudicación provisional- para a humanización de Camelias, entre Juan Ramón Jiménez e Hispanidade, e adxudicou definitivamente a remodelación dos pavillóns baixo a bancada de Río, en Balaídos. O orzamento de ambos proxectos é de 3,6 millóns.
Publicado por o día 22/11/2018 na sección de Concello de Vigo,Galicia,Vigo

O Concello adxudica a reforma dos pavillóns de Balaídos e o final da humanización das Camelias

O alcalde informou este xoves da clasificación de ofertas para a contratación das obras de humanización da Avenida das Camelias, o treito final, entre Juan Ramón Jiménez e a Avenida de Hispanidade. Esta mellora, recordou Caballero, presenta un orzamento de 2.165.000 euros.

Esta remodelación presenta un prazo máximo de oito meses de obras e, como é costume, incluirá a renovación do pavimento, do abastecemento, das redes de alumeado e mobiliario, gañando eficiencia enerxética e mellorando a seguridade viaria.

O alcalde destacou que a humanización recuperará un espazo público entre os números 19 e 21 da Avenida, demolendo unha edificación existente. O Concello executará unha senda de unión entre Camelias e Hispanidade que dará lugar a unha nova zona verde, anotou Caballero.

O rexedor tamén resaltou o novo paso de peóns que o Concello disporá fronte ao ascensor inclinado de Juan Ramón Jiménez, que une Pi y Margall coas Camelias. O obxectivo deste paso singular é darlle continuidade ao corredor.

Pavillóns 

En segundo lugar, o goberno vigués adxudicou os traballos de acondicionamento dos espazos deportivos emprazados baixo a bancada de Río, no estadio municipal de Balaídos. O contrato presenta un orzamento próximo ao millón e medio de euros e un prazo de execución de 11 meses.

Indicou Caballero as obras a acometer nos dous pavillóns, a saber, novos acabados nos espazos deportivos, novos vestiarios e aseos públicos, ampliación do vestíbulo e accesos aos recintos, nova iluminación LED, contra lumes, fontanería e climatización, ademais de renovación da aire dos vestiarios.

Baixo o mandato de Abel Caballero, o Concello inaugurou os pavillóns de Candeán, Navia e os dous na antiga ETEA, e remodelou os de Monte da Mina, Sárdoma, Carme, a pista vermella, Bouzas, Coia, Teis, Lavadores, Bembrive e Travesas. Engadiu o alcalde que está en previsión un novo recinto deportivo en Matamá e dous novos pavillóns están xa en obras: os de Romil e Quirós.