O Concello adxudica as obras de humanización da Ronda de Don Bosco

A Xunta de Goberno do Concello de Vigo aprobará este xoves a adxudicación das obras de reforma da rúa Ronda de Don Bosco, na que o goberno local acometerá a transformación dos xardíns e a redución da velocidade para os vehículos. Ademais, a rúa María Auxiliadora pasará a ser peonil.
Publicado por o día 06/11/2019 na sección de Concello de Vigo,Galicia,Vigo

O Concello adxudica as obras de humanización da Ronda de Don Bosco

A Xunta de Goberno do Concello de Vigo aprobará este xoves a adxudicación das obras de reforma da rúa Ronda de Don Bosco, na que o goberno local acometerá a transformación dos xardíns e a redución da velocidade para os vehículos. Ademais, a rúa María Auxiliadora pasará a ser peonil.

Abel Caballero informou este martes en rolda de prensa de que este xoves a Xunta de Goberno Local aprobará as obras de humanización da rúa Ronda de don Bosco.

A licitación da reforma é de 1,8 millóns e o proxecto inclúe a humanización desde a rúa Progreso ata Velázquez Moreno, e entre Eduardo Iglesias e o Paseo de Granada. O proxecto ten como foco principal a transformación do xardín situado fronte á igrexa de María Auxiliadora para converter a zona en semipeonil.

Coa reforma da rúa o Concello dará prioridade aos peóns e limitará a velocidade do tráfico rodado a 20 quilómetros por hora. Tamén se levará a cabo a peonalización da rúa María Auxiliadora e a renovación da praza, con maior superficie.