O Concello adxudica os traballos para realizar catorce novos murais nas rúas de Vigo

A Xunta de Goberno Local adxudicou este xoves a contratación das obras dos murais do quinto programa de medianeiras, que saíu a licitación por importe de 280.000 euros, tal e como deu conta en rolda de prensa o alcalde de Vigo.
Publicado por o día 11/04/2019 na sección de Concello de Vigo,Galicia,Vigo

O Concello adxudica os traballos para realizar catorce novos murais nas rúas de Vigo

A Xunta de Goberno Local adxudicou este xoves a contratación das obras dos murais do quinto programa de medianeiras, que saíu a licitación por importe de 280.000 euros, tal e como deu conta en rolda de prensa o alcalde de Vigo. 

Abel Caballero informou da adxudicación deste contrato de obras, que contou cun orzamento de licitación lixeiramente superior aos 280.000 euros e permite contratar as obras dos murais da quinta edición do programa de medianeiras.

A memoria do expediente adxudicado este xoves recolle os espazos propostos para as obras desta edición. Segundo trasladou o rexedor, estes están na rúa Barcelona, en Doutor Canoa, no colexio San Xosé da Guía, na rúa Bueu, na estrada de Camposancos, na rúa Roupeiro, no pavillón de Bouzas, en Camelias, Serafín Avendaño, Sanjurjo Badía, Tomás Alonso, rúa do Pino, Emilia Pardo Bazán e Couto San Honorato.

Deportes

O alcalde tamén deu conta dunha serie de acordos adoptados en materia deportiva, como o protocolo de colaboración entre a Deputación de Pontevedra e os concellos de Vigo e Pontevedra para organizar, en ambas cidades, o Campionato do Mundo de Balonmán Júnior masculino 2019, que terá lugar entre o 12 e o 18 de xullo.

Ademais, o goberno vigués deu luz verde á contratación do subministro de materiais para mantementos e conservación a realizar nas instalacións deportivas, que presenta un importe de 260.000 euros.

Por outro lado, tal e como indicou Abel Caballero, a Xunta de Goberno Local aprobou subvencións nominativas mediante convenio con varias entidades deportivas. Así, o Concello adica 53.000 euros ao Club Amfiv, outros 100.000 euros ao Coruxo Fútbol Club, 18.000 euros ao Club Atletismo Feminino Celta, 28.000 euros ao Club Vigo Rugby e outros 30.000 euros ao Club Balonmán Seis do Nadal.

Educación

O goberno vigués tamén aprobou este xoves a subvención mediante convenio de colaboración coa Federación Olívica de Asociacións de nais e pais de alumnos/as de Vigo, Foanpas, para o presente ano, por un importe de 606.039,31 euros.

Esta colaboración plásmase, reza o convenio, nas actividades extraescolares que organizan as asociacións e na prestación dos servizos de comedor escolar, que son complementarios coas axudas municipais de libros e comedor escolar que concede o Concello a través de Benestar Social.

Comentar noticia

Your email address will not be published.