O Concello adxudica provisionalmente as cintas mecánicas da Gran Vía

O goberno de Vigo clasificou este xoves as ofertas presentadas ao concurso, segundo informou Abel Caballero. Cun orzamento de 5,2 millóns, e cofinanciada con fondos FEDER da Unión Europea, a humanización transformará a Gran Vía entre María Berdiales e Venezuela, con ramplas mecánicas no bulevar, mellora da eficiencia enerxética, espazos de descanso e novas redes de agua e saneamento.
Publicado por o día 15/11/2018 na sección de Concello de Vigo,Galicia,Vigo

O Concello adxudica provisionalmente as cintas mecánicas da Gran Vía

O goberno de Vigo clasificou este xoves as ofertas presentadas ao concurso, segundo informou Abel Caballero. Cun orzamento de 5,2 millóns, e cofinanciada con fondos FEDER da Unión Europea, a humanización transformará a Gran Vía entre María Berdiales e Venezuela, con ramplas mecánicas no bulevar, mellora da eficiencia enerxética, espazos de descanso e novas redes de agua e saneamento.

A humanización da Gran Vía, no treito comprendido entre María Berdiales e Venezuela, presenta un orzamento de 5.189.863 euros e un prazo de obras estimado de oito meses, segundo anunciou o alcalde de Vigo este xoves, logo de que o goberno local clasificase as ofertas presentadas ao concurso público.

A rehabilitación deste espazo forma parte do proxecto Vigo Vertical que emprende o Concello de Vigo co apoio dos fondos FEDER da Unión Europea. Abel Caballero indicou que a oferta mellor valorada foi a presentada pola unión temporal de empresas formada pola Construtora San José e Construccións Obras e Viais.

O goberno de Vigo promove a transformación da Gran Vía potenciando o uso peonil do vial e do bulevar central a través da instalación de cintas mecánicas. A humanización, engadiu o rexedor, contempla a mellora da eficiencia enerxética, novos espazos abertos de esparexemento cidadá e a renovación das canalizacións de servizos de abastecemento de agua, pluviais e saneamento, rego e alumeado.

Tamén relacionado coa Gran Vía, Abel Caballero informou da decisión do goberno vigués de presentar un recurso contencioso-administrativo contra a resolución de Patrimonio da Xunta de Galicia denegando a remodelación dos tres tramos restantes do céntrico vial. O alcalde, quen amosouse convencido de que os tribunais darán a razón ao Concello, valorou a negativa da Xunta como “unha decisión política” e asegurou que os propios técnicos autonómicos non poñen reparos á humanización.

Documento