O Concello amplía ata 1.887 as bolsas de comedor escolar para familias con menos recursos

Cada vez hai máis familias con problemas de recursos para financiar as comidas dos nenos e das nenas que non van ao colexio polo que o Concello vén de incrementar ata os 100.000 euros a partida que adica a este concepto. O total de achegas elévase ás 1.887.
Publicado por o día 14/04/2020 na sección de Concello de Vigo,Galicia,Vigo

Abel Caballero avanzou esta mañá que o Concello fixo unha ampliación das bolsas de comedor polo que a cifra de achegas ascende a 1.887 nestes momentos, cun investimento de case 100.000 euros. Tal e como explicou, o Concello adoptou esta medida ao detectar maior número de familias con dificultades económicas para poder asumir a comida dos nenos, unha vez que non van ao colexio, onde gozaban dunha bolsa de comedor financiada tamén pola administración local. Nunha rolda de prensa telemática, Caballero situou a inversión municipal nestas achegas en 150.000 euros desde que comezou a crise sanitaria e afeou á Xunta que non enviara a Vigo a parte que lle corresponde para este tipo de achegas dos 1,9 millóns que lle transfiriu o Goberno Central.

Comentar noticia

Your email address will not be published.