O Concello ampliará o espazo para autocaravanas nos mundiais de tríatlon

Ademais da área, tamén aparcarán no novo estacionamento de balde habilitado o pasado verán en Tafisa, e se buscan novos emprazamentos para acoller á cantidade de vehículos destas carácterísticas que poidan chegar á cidade.
Por o 22/03/2019 | Sección: Galicia,Pontevedra
O Concello ampliará o espazo para autocaravanas nos mundiais de tríatlon

O Concello de Pontevedra mantivo onte unha reunión coa Asociación galega de Autocaravanas para abordar a súa participación nos campionatos do mundo de Tríatlon que se celebrarán na cidade do 27 de abril ao 5 de maio. Esta reunión na que estivo presente a concelleira de Deportes, Anxos Riveiro, a concelleira de Promoción da Cidade e Turismo, Anabel Gulías e o portavoz da Policía Local, Manuel Omil, serviu para articular a colaboración desta entidade no principal evento deportivo que acollerá Galiza neste 2019 dado que é un medio de transporte moi empregado tanto polos deportistas como polos seus seareiros, o que se prevé unha gran afluencia de autocaravanistas a cidade nesas semanas.

O Concello está en disposición de ampliar o espazo de estacionamento destes vehículos no aparcamento de balde habilitado en Tafisa (na parcela da Universidade). E segue a buscar outros emprazamentos próximos para dar cabida á cantidade de autocaravanas que se prevé que veñan a Pontevedra.

O presidente da asociación, Manuel Arruti, ofreceu toda a colaboración da entidade para facilitar a chegada e aparcamento de autocaravanas, pondo a disposición voluntarios que poidan xestionar estes espazos.

A concelleira de Deportes, Anxos Riveiro agradeceu a boa disposición da entidade e a estreita colaboración que mantén co Concello, para lograr o mellor acomodo posible dos visitantes e deportistas que se acheguen a Pontevedra entre abril e maio.

Comentar noticia

Your email address will not be published.