O Concello analiza o estado da escultura da Praza de España e mellorará a súa iluminación

“Os Cabalos”, obra de Oliveira, está a ser obxecto dunha análise en profundidade por parte do goberno vigués, segundo anunciou hoxe mércores o alcalde. Para coñecer o seu estado, o Concello realiza perforacións no aceiro e revisa a cimentación e ancoraxes dunha escultura que verá reposta a súa iluminación.
Por o 16/01/2019 | Sección: Concello de Vigo,Galicia,Vigo
O Concello analiza o estado da escultura da Praza de España e mellorará a súa iluminación

O Concello de Vigo acomete un análise profundo do estado no que se encontra este complexo escultórico que preside a Praza de España desde 1991, obra de Juan José Oliveira de 18 metros de altura e 40 toneladas de peso.

Caballero explicou que a finalidade do traballo é coñecer o estado de conservación da escultura, para o que se están a realizar perforacións no aceiro e a revisión da cimentación e dos ancoraxes. Ademais, o Concello completará o estudo cun escaneado de toda a obra. Os resultados estarán en mans municipais no prazo estimado dun mes, estimou o rexedor.

A iluminación tamén será mellorada, que foi quedando “fóra de uso e ninguén lle fixo nunca ningunha revisión ni ningunha reparación ni mantemento”, anotou Abel Caballero, quen adiantou que se procederá a unha “mellor iluminación” dun “emblema” na cidade de Vigo.

Similar ao análise que realiza xa no centro da Praza da España, o goberno de Vigo tamén fará un estudo en profundidade da Porta do Atlántico, a escultura de Silverio Rivas que preside a Praza de América, aproveitando a transformación “monumental” que promove o Concello na citada praza.

Vigocultura

Por outra banda, o alcalde fixo balance das actividades da programación de Vigocultura en 2018 e sinalou que as 54 actividades realizadas no Auditorio Municipal do Concello recibiron un total de 9.000 espectadores. “Tivo moi bo funcionamento”, destacou Caballero.

Comentar noticia

Your email address will not be published.