O Concello anima a acudir a Galiexpo Motor Show que agarda superar os 20.000 visitantes esta fin de semana

Volve o Galiexpo Motor Show da man do Concello de Vigo e da Deputación. Manel Fernández, concelleiro de Deportes, deu a benvida a “un evento de gran importancia na nosa cidade porque toca diferentes actividades en torno ao motor e, ademais, é dos que xa non quedan, pois é o único destas características en toda España”, dixo.
Publicado por o día 05/02/2020 na sección de Concello de Vigo,Galicia,Vigo

O Concello anima a acudir a Galiexpo Motor Show que agarda superar os 20.000 visitantes esta fin de semana

Acompañado polos organizadores, Joaquín Portabales e Ricardo Goñi, e o deputado provincial Gorka Gómez entre outros, o edil animou á cidadanía a achegarse esta fin de semana (do 7 ao 9) ao Ifevi pois “ademais de ser un evento de tipo comercial e deportivo, tamén é de carácter solidario”. Unha parte da recadación do campionato de drift irá á Asociación Galega de Lupus.

Portabales lembrou que este evento do motor, que suma tamén unha feira “All Sport” (ciclismo, bike trial, skate park ou cross training) é “para as familias, para todos os públicos e petos”. Haberá no salón do motor unha zona expositiva de coches de competición, tuning, coches clásicos, superdeportivos, 4×4, moda e a cuarta edición do Campionato de Exhibición drift (derrapaxes), con pases o sábado ás 17:00, 19:00 e 21:30 e o domingo (16:30 e 18:30).

Pola súa banda, Gorka Gómez destacou o “moito traballo que hai detrás dun evento que leva catorce anos” ofertando o mellor motor.

Comentar noticia

Your email address will not be published.