O Concello apoia o Congreso Nacional de Biotecnoloxía que se organizará en Vigo en xuño

Publicado por o día 03/04/2019 na sección de Concello de Vigo,Galicia,Vigo

O Concello apoia o Congreso Nacional de Biotecnoloxía que se organizará en Vigo en xuño

O alcalde mantivo esta mañá un encontro cos responsables do Congres Nacional de Biotecnoloxía que se organizará en Vigo o próximo mes de xuño. Ao redor de 22 especialistas participarán neste evento, auspiciado pola Sociedade Española de Biotecnoloxía e organizado polo grupo de Bioenxeñaría e Procesos Sostibles da Universidade de Vigo. A cita será entre o 10 e o 13 de xuño en Afundación.