O Concello apoia o III Festival arxentino que se celebra esta fin de semana

O edil de Cultura, Abel Losada, presentou este venres en rolda de prensa as actividades programadas para o evento, que se desenvolve en Teis este sábado e o domingo.
Publicado por o día 20/09/2019 na sección de Concello de Vigo,Galicia,Vigo

O Concello apoia o III Festival arxentino que se celebra esta fin de semana

“A cultura é un vínculo fundamental nestes tempos de globalización e rapidez” apuntou o concelleiro de Cultura durante a presentación do programa de actos previstos para esta fin de semana no Auditorio de Teis, garantindo a colaboración municipal na terceira edición do Festival arxentino.

Pola súa banda, a cónsul de Arxentina en Vigo, Silvina Montenegro, aludiu tamén aos “vínculos históricos, de migracións, culturais, afectivos e económicos” do seu país coa cidade e amosou a súa satisfacción porque o festival poida celebrarse un ano máis aquí, convidando a todas e todos a acudir ao auditorio de Teis a gozar dun espectáculo familiar.

Karina More e Jorgelina Piana, organizadoras do festival, explicaron que se trata de dúas xornadas festivas con exposición de pintura de Carlos Bóveda, cunha conferencia a cargo escritor Pedro Crenes Castro sobre Jorge Luis Borges e con música e espectáculo de artistas galegos,uruguaios e arxentinos dende as 18:30 horas no Auditorio de Teis.

Cartaz