O Concello apoia o talento fotográfico no cuarto Concurso Susana Santeiro

O edil de Cultura, Cayetano Rodríguez, participou este luns na presentación do certame fotográfico, cuxa mostra xa está exposta na primeira planta da Casa das Artes e entregará este venres os seus premios. A organización subliñou o incremento de participación de fotógrafos da área de Vigo.
Publicado por o día 11/02/2019 na sección de Concello de Vigo,Galicia,Vigo

O Concello apoia o talento fotográfico no cuarto Concurso Susana Santeiro

Durante a presentación do evento, o concelleiro de Cultura agradeceu a iniciativa cultural da promotora, a Clínica dental Susana Santeiro, coa que colabora a Asociación Fotográfica Olívica e o goberno de Vigo coopera no seu desenvolvemento.

A primeira planta da Casa das Artes, en Policarpo Sanz, e ata o próximo 10 de marzo, acolle xa a mostra da cuarta edición deste Concurso de Relato Fotográfico, e recompila os traballos presentados ao concurso. Este venres, no mesmo espazo cultural, terá lugar a entrega de premios, entre os que se atopan fotógrafos da área de Vigo. A este respecto, a propia Susana Santeiro destacou na rolda de prensa o incremento de participación da cidadanía viguesa.

Rodríguez subliñou a capacidade da fotografía para “expresar emocións visualmente”, en particular no caso da narrativa fotográfica, que integra as imaxes coa finalidade de contar unha historia.

Comentar noticia

Your email address will not be published.