O Concello apraza o pago de todos os impostos municipais

Publicado por o día 24/03/2020 na sección de Concello de Vigo,Galicia,Vigo

O Concello apraza o pago de todos os impostos municipais

O alcalde de Vigo, Abel Caballero, avanzou este luns de que o Concello tomo a decisión de aprazar os pagos de todas as taxas municipais. O rexedor explicou que toda a información relativa ao aprazamento de tributos estará colgada na páxina web do Concello nas vindeiras horas.

Así, respecto ao aprazamento de pago de taxas de vehículos, que era do 1 de abril ao 5 de xuño, pasa a ser do 4 de maio a 6 de xullo. Esta imposto afecta a un total de 200.000 vehículos. No tocante ao imposto sobre incremento de terreos, plusvalías, amplíase o prazo de pagos das liquidacións xa notificadas ata o 30 de abril.

Sobre instalacións, construcións e obras aprázase ata o 30 de abril ou ata o 20 de maio as débedas que tiñan que pagarse antes do 14 de marzo. Ademais, o pago do fraccionamento de IBI, IAE e todos os tributos, se a obrigación era anterior ao 18 de marzo trasládase ao 5 de maio. Non caso de as datas posterior ao 18 de marzo trasládase ata o 20 de maio.

Todas as contestacións a requirimentos quedan aprazadas. “Aprazamos todos os pagos porque é un momento no que a economía está débil e non queremos causas máis quebrantos e segundo porque os que fan pago presencial teñen que quedar na casa”, apuntou o alcalde.

Comentar noticia

Your email address will not be published.