O Concello aproba a “gran humanización” da Avenida de Europa” por 4,3 millóns de euros

A Xunta de Goberno aprobou este xoves o proxecto de humanización da Avenida de Europa que inclúe carril bici con medianeira e zonas verdes, na marxe dereita do tramo comprendido entre Tomás Paredes e a Avenida de Samil. Segundo o alcalde, a nova avenida será “un bulevar urbano”.
Publicado por o día 06/08/2020 na sección de Concello de Vigo,Galicia,Vigo

O Concello aproba a “gran humanización” da Avenida de Europa” por 4,3 millóns de euros

Caballero apunta que “gran humanización” desta vía ofrecerá “unha nova dimensión de Vigo, nunha zona moi empregada, zona de paseo en inverno e de tránsito no verán, zona de expansión, zona verde e carril bici” cun prazo de execución de 22 meses de obra e seis meses de expropiacións para un importe total de 4,3 millóns de euros.

A actuación presenta unha solución que se desenvolve pola mesma marxe que está previsto o carril bici, pero cun ancho de 7 metros cun carril segregado ciclista de maior ancho. As actuacións contemplan a retirada de mobiliario existente, sinais, postes de alumeado e tendido eléctrico, a demolición de muros existentes, dos pavimentos, soterramento do tendido eléctrico, iluminación, redes de telefonía, canalización semafórica e rede de rego así como a renovación completa do colector de saneamento na vertente cara Tomás Paredes. Na outra vertente renovaranse os sumidoiros e pozos e a recollida de acometidas novas.

Humanizacións

A Xunta de Goberno Local deu luz verde á proposta de aprobación do proxecto de humanización da rúa Penís de Abaixo por un importe de 78.000 euros en 200 metros de lonxitude. Quedou aprobada tamén a proposta de aprobación do proyecto de humanización da rúa Estrada da Balsa, en Matamá, por un importe de 206.000 euros e un prazo de execución de 3 meses. O proxecto contempla a construción duns 380 metros de cebreado de ancho medio de metro e medio para tránsito peonil na marxe esquerda da rúa e un tramo de 70 metros no que se fará unha beirarrúa e se instalarán separadores de carril, amais da canalización de pluviais e iluminación exterior.

Comentar noticia

Your email address will not be published.