O Concello aproba a Vía Verde para rexenerar as vellas vías do tren cun carril bici e outro peonil

A Xunta de Goberno Local do Concello de Vigo aprobou o proxecto para a coñecida como Vía Verde, actuación que ten como obxectivo converter un tramo de máis de 3,6 quilómetros de vellas vías de tren nun carril bici e peonil. O investimento será de 1,4 millóns de euros.
Por o 22/10/2018 | Sección: Concello de Vigo,Galicia,Vigo
O Concello aproba a Vía Verde para rexenerar as vellas vías do tren cun carril bici e outro peonil
Compartir en:

O alcalde, Abel Caballero, informou este luns en rolda de prensa da aprobación do proxecto da Vía Verde para rexenerar o vello trazado ferroviario entre o centro da cidade e o barrio de Teis creando un carril bici e outro peonil.

Segundo informou o rexedor, a Xunta de Goberno Local do pasado 18 de outubro deu o visto e prace a actuación cun importe de licitación de 1,4 millóns de euros e un prazo de execución de seis meses. A lonxitude total do tramo que será reformado é de 3,6 quilómetros e a anchura do carril terá 5 metros, tres de eles para as bicicletas e outros dous para os peóns.

O proxecto tamén inclúe a construción dunha pasarela de 51 metros entre a Vía Norte e a rúa Navarra, así como una rampla de 150 metros paralela a Avenida de Buenos Aires, ambas as iniciativas co obxectivo de facilitar o acceso á senda.

O Concello de Vigo xa firmou este ano un convenio co Administrador de Infraestructuras Ferroviarias (ADIF) para o aluguer da vía durante os vindeiros 20 anos e tamén recibiu do mesmo organismo a cesión de terreos na rúa Navarra durante outros 75 anos.

A Vía Verde terá, segundo avanzou Caballero, áreas de descanso, miradoiros, apeadeiro, paneis informativos, mobiliario e zonas de aparcamento. Ademais, co obxectivo de manter a orixe ferroviario da infraestrutura, tamén manterá a sinalización ferroviaria, así como tramos de railes. “Queremos que siga tendo o sabor ferroviario”, sinalou o alcalde.

Comentar noticia

Your email address will not be published.