O Concello aproba as bases das axudas de libros e comedor escolar por 1,2 millóns

A Xunta de Goberno Local validou este xoves as normas para a concesión de apoio económico para libros (por 110.000 euros) e para comedor escolar (por 1.095.000 euros, ampliable a 1.215.000 euros). Ademais, o orzamento municipal contempla outros 606.000 euros para bolsas de comedor a través de FOANPAS.
Publicado por o día 21/05/2020 na sección de Concello de Vigo,Galicia,Vigo

O Concello aproba as bases das axudas de libros e comedor escolar por 1,2 millóns

O alcalde deu conta este xoves dos principais asuntos tratados na Xunta de Goberno Local, entre os que destacou a aprobación das bases reguladoras para a concesión de axudas municipais de libros, material escolar e comedor para alumnado de centros públicos e concertados de Infantil (2ª etapa), Primaria e Secundaria.

Segundo indicou Caballero, a convocatoria presenta un importe de 110.000 euros para libros e 1.095.000 euros para comedor escolar, partida esta que poder ser ampliada noutros 120.000 euros sen precisar dunha nova convocatoria, segundo recolle o expediente. Para optar, os interesados deben cumprir os requisitos do programa (empadroamento en Vigo, centro educativo na cidade e que a capacidade económica da unidade familiar non exceda do 75% do IPREM, entre outros) e presentar a solicitude durante os vinte días hábiles posteriores á publicación do extracto da convocatoria.

O Concello de Vigo conta con outra partida de 606.000 euros no orzamento deste ano cos que concede tamén apoio ao comedor escolar do alumnado a través da Federación Olívica de Asociacións de Nais e Pais de Alumnos e Alumnas de Vigo (FOANPAS).

Vía Verde

O alcalde tamén deu conta da resolución definitiva do contrato da obra da Vía Verde, o proxecto que prevé converter as antigas vías do tren nun corredor de uso cidadá, entre Urzáiz e Chapela.

O expediente aprobado reflicte que o informe dos directores de obra indica que os traballos executados e liquidados ascenden a case 430.000 euros do total e que o contratista amosou a súa conformidade coa resolución do contrato. O trazado da Vía Verde solapábase en parte cos axustes do novo aparcamento proposto na obra de Vialia, polo que se considerou necesario adaptalo para adecualo á estación e á súa interacción con Vía Norte.

Comentar noticia

Your email address will not be published.