O Concello aproba este xoves a reordenación do Barrio do Cura

O Consello da Xerencia municipal de Urbanismo validará o xoves a modificación puntual do PXOM para a reordenación do Barrio do Cura e o seu sometemento a información pública para alegacións polo prazo de dous meses desde a súa publicación no DOG.
Publicado por o día 23/05/2019 na sección de Concello de Vigo,Galicia,Vigo

O Concello aproba este xoves a reordenación do Barrio do Cura

O Consello da Xerencia municipal de Urbanismo validará o xoves a modificación puntual do PXOM para a reordenación do Barrio do Cura e o seu sometemento a información pública para alegacións polo prazo de dous meses desde a súa publicación no DOG.

O Consello da Xerencia municipal de Urbanismo levará o xoves dentro da orde do día a modificación puntual do Plan Xeral para a reordenación do ámbito do Barrio do Cura. Unha vez aprobado e publicado no Diario Oficial de Galicia, abrirase un período de exposición pública de dous meses para a presentación de alegacións, tempo durante o cal se solicitarán os informes sectoriais preceptivos.

O expediente de aprobación, que pasará posteriormente pola Xunta de Goberno Local, contempla a notificación individual aos titulares catastrais dos terreos afectados. O documento recolle que a razón principal do interese público desta actuación é a necesidade de facer fronte ao proceso de deterioro do Barrio do Cura que, debido ao seu avanzado estado, non permite agardar ao tempo de elaboración, aprobación e entrada en vigor dun novo Plan Xeral.

Comentar noticia

Your email address will not be published.