O Concello aproba o convenio de cesión á Deputación do edificio da rúa Chao

A Xunta de Goberno Local vén de aprobar o proxecto de convenio para a cesión deste inmoble municipal que pasará a ser a sede do ente provincial en Vigo e que funcionará tamén como espazo expositivo e de “acción fotográfica”.
Publicado por o día 17/10/2019 na sección de Concello de Vigo,Galicia,Vigo

O Concello aproba o convenio de cesión á Deputación do edificio da rúa Chao

A Xunta de Goberno Local vén de aprobar o proxecto de convenio para a cesión deste inmoble municipal que pasará a ser a sede do ente provincial en Vigo e que funcionará tamén como espazo expositivo e de “acción fotográfica”.

O alcalde explicou este xoves que co acordo a Deputación de Pontevedra ocupará na cidade un edificio singular e que a decisión cumpre un dobre obxectivo: dotar á Deputación dun sitio digno na cidade e contribuír á recuperación de parcelas moi importantes do Casco Vello.

“Reforza a presenza en Vigo de Zona Franca e a Deputación, rehabilitando un espazo do Casco Vello con uso para a acción fotográfica”, sinalou. O convenio inclúe o compromiso de seguir mantendo un edificio dedicado á fotografía, coa organización de exposicións e coa planta baixa dedicada a exhibir diferentes mostras.

A Xunta de Goberno Local deu o visto bo este xoves ao proxecto de convenio coa Deputación Provincial de Pontevedra para a cesión do edificio municipal da rúa Alta esquina coa rúa Chao e a extinción do dereito de uso sobre o edificio do número 3 da rúa Oporto, detrás do antigo reitorado, que pasará a usar Zona Franca logo da súa compra ao Concello. A Deputación executará e custeará as obras necesarias para adecuar o uso do edificio e asume tamén os seus gastos ordinarios.

Comentar noticia

Your email address will not be published.