O Concello aproba o hoxe a adxudicación das obras do novo recinto de festas de Candeán

A Xunta de Goberno Local do Concello de Vigo aprobará este xoves a adxudicación das obras do novo recinto de festas de Candeán, proxectado sobre o túnel da autoestrada AP9. Ademais, dará o visto e prace a unha subvención para o Sárdoma Club de Fútbol.
Publicado por o día 16/05/2019 na sección de Concello de Vigo,Galicia,Vigo

O Concello aproba o hoxe a adxudicación das obras do novo recinto de festas de Candeán

O Concello de Vigo dará este xoves o visto e prace á contratación das obras de recuperación de zona verde sobre o túnel da autoestrada AP9, ao seu paso pola la parroquia de Candeán.

O importe da adxudicación é de 559.274 euros e conta cun prazo de execución de catro meses. A actuación ocupa unha superficie de 19.476 metros cadrados, moi próximo á praza da igrexa parroquial onde se concentran actos festivos.

A obra ten previsto acondicionar o lugar como unha gran zona verde, adecuando tres plataformas multiusos para aparcamento, actividades festivas e prado con terra vexetal e árbores. Ademais, haberá nova instalación de alumeado público, muros de contención de terras para ampliación de anchos de vía, execución de cunetas de formigón e ampliación de acometidas de saneamento e abastecemento.

Subvención Sárdoma CF

Por outra banda, a Xunta de Goberno tamén ten previsto aprobar unha subvención nominativa mediante convenio coa entidade Sárdoma Club de Fútbol, por valor de 23.000 euros, para o seu proxecto deportivo da temporada.

Comentar noticia

Your email address will not be published.