O Concello aproba o quinto programa de murais urbanos para decorar outras 14 medianeiras

A Xunta de Goberno Local aprobou o proxecto para o quinto programa de medianeiras que incluirá desta vez outros 15 murais. O alcalde, Abel Caballero, destacou que a iniciativa xa ronda as 100 actuacións desde que se puxo en marcha e que a cidade xa é unha referencia.
Publicado por o día 07/01/2019 na sección de Concello de Vigo,Galicia,Vigo

O Concello aproba o quinto programa de murais urbanos para decorar outras 14 medianeiras

O alcalde de Vigo, Abel Caballero, anunciou este luns a aprobación do quinto programa de medianeiras e elementos verticais con incidencia sobre a vía pública. Trátase dunha nova fase da iniciativa para instalar murais urbanos na cidade.

Cun orzamento de 280.00 euros, serán 14 novos murais e os lugares escollidos son a rúa Barcelona, Doutor Canoa, Colexio San Xosé da Guía, rúa Bueu, Centro Recreativo e Cultural de Coruxo, rúa Roupeiro, pavillón Polideportivo de Bouzas, Camelias, Serafín Avendaño, Sanjurjo Badía, Tomás Alonso, O Pino, Emilia Pardo Bazán e Couto San Honorato.

O rexedor destacou que xa son preto de 100 os murais que terá a cidade e que nesta ocasión o artistas locais e internacionais serán Zosen Bandido, Ghizlane, Erbmon, Mon Devane, Elara Elvira, Ana Santiso, Marcos Puhinger, Abi Castillo, Kóctel, Murone, Vanesa Álvarez, Chephoner, Mina Hamada e Kruella Denfer.

“Estarán os mellores artistas de medianeiras do mundo, o impacto da actuación é notable, e unha forma de entender a arte, en canto cheguemos aos 100 ou 120, ademais dos colexios, nos incorporaremos ao grupo de 12 cidades con maior número de murais”, sinalou Caballero.

Barrio das Flores

Ademais, o alcalde indicou que a Xunta de Goberno tamén aprobou a humanización da rúa Mantelas, cun investimento de 370.000 euros, e a concesión de Proxecto Municipal de Interese ao Centro Loxístico Porto de Vigo. Ademais, indicou que a humanización do Barrio das Flores está a punto de rematar e contempla o traslado do aparcamento na zona traseira.