O Concello aprobará a declaración de Área de Rehabilitación Integral para catro barrios con 807 vivendas

A Xerencia de Urbanismo do Concello de Vigo aprobará a vindeira semana a declaración de Área de Rehabilitación Integral (ARI) para os grupos de vivendas de Beiramar, Espiñeiro (Teis), San Pablo (Teis) e San Roque. En total son 807 vivendas agrupadas en 100 bloques de edificios con una superficie de 51.827 m² que poderían acollerse a axudas.
Publicado por o día 29/01/2021 na sección de Concello de Vigo,Galicia,Vigo

O Concello aprobará a declaración de Área de Rehabilitación Integral para catro barrios con 807 vivendas

O alcalde de Vigo, Abel Caballero, informou este venres de que a Xerencia de Urbanismo aprobará a vindeira semana a proposta de Área de Rehabilitación Integral (ARI) para os grupos de Beiramar, Espiñeiro, San Pablo e San Roque. A proposta será remitida ao Instituto Galego de Vivenda e Solo (IGVS) para a súa aprobación definitiva, o que permitirá recibir achegas do Plan Estatal de Vivenda.

“Significarían axudas importantes para rehabilitar vivendas construídas entre os anos 1940 e 1975, son edificios de empresas ou administracións, vivendas sociais moi deterioradas que así poderán recibir axudas para rehabilitar”, sinalou o rexedor durante a súa rolda de prensa.

En total, trátase de 807 vivendas agrupadas en 100 bloques de edificios cunha superficie de 51.827 m². Será a segunda vez que o Concello traslade a proposta á Xunta de Galicia, posto que hai uns meses o IGVS rexeitou a declaración de ARI para estas catro zonas e tamén para A Salgueira e o grupo de vivendas de Fenosa. “Foi unha pésima decisión da Xunta”, engadiu Caballero.

Estas novas catro ARIs sumaríanse ás xa existentes na cidade: Casco Vello, Bouzas, Santa Clara e Coia -rúas Bueu e Moaña -, estas dúas últimas incorporáronse neste ano 2019.

A Panificadora

Por outra banda, o Diario Oficial de Galicia publica este 29 de xaneiro a aprobación definitiva da modificación puntual do Plan especial de reforma interior do Casco Vello de Vigo na zona da Panificadora. No vindeiro Consello da Xerencia de Urbanismo darase conta da incoación do expediente de expropiación, que abre o proceso expropiatorio cun prazo aproximado de 1 año para a súa aprobación.

Comentar noticia

Your email address will not be published.