O Concello aprobará o 16 de decembro o investimento de 36 millóns de euros de remanentes

O alcalde informou da celebración dun Pleno a vindeira semana para a aprobación definitiva do uso dos remanentes municipais. A inversión deste aforro permitirá xeral “miles de empregos para reactivar a economía”.
Publicado por o día 09/12/2020 na sección de Concello de Vigo,Galicia,Vigo

Abel Caballero deu conta exte mércores dos proxectos aos que se vai dedicar o aforro municipal nunha actuación masiva que permitirá crear unha “mellor cidade, cidade verde, ecolóxica, camiñable, cidade para a xente e emprego, emprego, emprego, emprego; porque se xeran miles de empregos para reactivar la economía”, sinalou.

O vindeiro mércores 16 de decembro terá lugar un Pleno extraordinario para a aprobación definitiva do uso do remanente municipal, ao que se levará unha alegación presentada ao documento. Así, quedará aprobado o investimento de 36 millóns de euros de remanentes.

O alcalde enumerou os proxectos aos que se vai dedicar o aforro do Concello: a cuarta fase da humanización de Alcalde Gregorio Espino, a humanización da rúa Valladolid, a iluminación do Parque de Castrelos, a humanización dun tramo enteiro da Estrada Clara Campoamor, o ascensor que unirá a nova Praza da Estación con Vía Norte, o proxecto do ascensor entre García Barbón e Vía Norte, as humanizacións de García Barbón, entre Rosalía de Castro e Isaac Peral, Tercio de Afora, Julia Minguillón e Vista Alegre, rúa Troncoso, Colombia, fase 2, rúa Romil, rúa Marín, rúa Rosal e a fase sexta e última da rúa Aragón.

O goberno municipal humanizará tamén a Praza da Miñoca, a Praza Elíptica, construirá a escaleira mecánica da rúa Talude, acometerá a reforma do túnel de Beiramar, construirá un ascensor entre Travesía de Vigo e a rúa Aragón, cubrirá os patios do colexio Villalaura e o tranvía histórico situado en Coia. A reforma do campo de fútbol O Vao, as humanizacións da rúa Fontáns, Curros, Subride, Areeiro, Rosal Florido, Bagunda e Paz Pardo son outros proxectos.

En Teis, o Concello dedicará fondos dos remanentes á humanización das rúas Foxos, Purificación Saavedra, Travesía de Guixar, a Vía Verde, a rampla mecánica no Centro de saúde, a nova biblioteca municipal e cubrirá o patio do colexio Frián. En Valladares, humanización de Camiño Laranxo, Estrada do Freixo e Torreiro de Valladares e, amais investirá en gardarraís de seguridade. A humanización de Camiño da Brea, rúa Costa da Gándara en Beade; en Cabral a humanización da Praza da Feira, Penís de abaixo e o campo de fútbol Santa Mariña completan os proxectos de investimento e remanentes xunto cun plan de eficiencia enerxética por valor de 2,5 millóns de euros.

Comentar noticia

Your email address will not be published.