O alcalde de Vigo eloxiou esta mañá a labor da directiva e dos voluntarios do Banco de Alimentos, durante a inauguración da nova nave situada na Avenida Alcalde Lavadores. Durante a súa intervención, agradeceu a súa labor no nome de toda a cidade e comprometeuse a sufragar o aluguer desta nave, tal e como xa viña facendo coa anterior sede desta entidade. Ademais desta cantidade, o Concello achega outros 43.000 euros para colaborar coa actividade da ONG.
Na inauguración estiveron presentes o vicepresidente e a presidente do Banco de Alimentos, Pedro Pereira e Iván Martínez, así como un responsable nacional da entidade.
Noticias de última hora en Vigo. Te contamos todo lo que sucede en nuestra ciudad. Desde los sucesos más relevantes hasta artículos de opinión y de interés.