O Concello aumenta o número de becas de inglés para beneficiar a un total de 900 estudantes

A Xunta de Goberno Local do Concello de Vigo aprobou na súa sesión do 17 de abril a modificación do contrato do Programa Municipal de Inmersión Lingüística (PILI) para aumentar o número de becas de inglés e poder incluír as 900 solicitudes recibidas este ano para viaxar a Inglaterra e Irlanda.
Por o 17/04/2019 | Sección: Concello de Vigo,Galicia,Vigo
O Concello aumenta o número de becas de inglés para beneficiar a un total de 900 estudantes

A Xunta de Goberno Local do Concello de Vigo aprobou na súa sesión do 17 de abril a modificación do contrato do Programa Municipal de Inmersión Lingüística (PILI) para aumentar o número de becas de inglés e poder incluír as 900 solicitudes recibidas este ano para viaxar a Inglaterra e Irlanda.

O Concello de Vigo aprobou este mércores na Xunta de Goberno Local o incremento para 2019 do número de prazas para que estudantes de 3º da ESO estuden o idioma a través do programa “Vigo en inglés”.

En 2018, foron 750 os mozos e mozas pasaron case un mes aprendendo o idioma con familias no Reino Unido dentro do Programa Municipal de Inmersión Lingüística (PILI), pero na presente edición de 2019 foron recibidas 900 solicitudes, polo que o Concello acordou aumentar o número de prazas e poder incluír a todos os estudantes.

Desta forma o importe do contrato aumentou en 340.893 euros e pasou de 1,7 millóns a 2,04 millóns. A achega por alumno ronda os 2.300 euros.

Comentar noticia

Your email address will not be published.