O Concello avanza na tramitación para a rehabilitación integral do Barrio do Cura

Abel Caballero anunciou que na Xerencia de Urbanismo do xoves se iniciará a tramitación do convenio urbanístico para a urbanización e edificación do Barrio do Cura. O 30% do aproveitamento do solo urbano non consolidado se destinará a vivendas de protección pública e se reservan 5.000 m2 para espazos libres e zonas verdes.
Publicado por o día 11/09/2018 na sección de Concello de Vigo,Galicia,Vigo

O Concello avanza na tramitación para a rehabilitación integral do Barrio do Cura

O alcalde de Vigo informou hoxe luns do inminente inicio da tramitación do convenio urbanístico entre Concello de Vigo e Barrio do Cura Desarrollo S.L.U. para a modificación do PXOM de 1993 e do Pepri Casco Vello no ámbito de Barrio do Cura. Trátase “dunha gran noticia” porque se recuperará o substancial da ordenación establecida do Plan Especial de Reforma Interior (PERI) do ano 2014, que adaptaba ao PXOM de 2008.

Segundo Caballero, a superficie edificable será de 56.000 metro cadrados, reservando un 30% do aproveitamento do solo urbano non consolidado a vivenda de protección oficial e un 10% quedará nas mans Concello como solo dotacional. Se destinarán 5.000 m² para espazos libres e zonas verdes, 300 prazas de aparcamento e un miradoiro sobre a Ría.

Caballero explicou que toda a contorna vai a ser reformada, tanto as comunicacións tanto rodadas como peonís. “Imos a continuar a rúa Torrecedeira cara Poboadores, melloraremos a rúa Llorente e Santa Marta, cun novo acceso peonil desde A Ribeira do Berbés ata o Paseo de Alfonso”. Ademais, garántese a conservación das casas de pescadores e das fachadas catalogadas, concluíu.

A tramitación da modificación, que se demorará entre 12 e 18 meses, xa está en marcha e sometida a trámite ambiental. Concretamente, está no período de alegacións aberto pola Consellería de Medio Ambiente.