O Concello avanza no derrubo do scalextric e ultima o inicio da nova Praza da Estación

Unha laminadora acomete desde este luns os cortes do paso elevado sobre Alfonso XIII, que finalizará a súa desmontaxe o 31 de xaneiro. Ao lado, Abel Caballero anunciou que esta semana arrancan as obras de humanización da Praza da Estación, cun orzamento de 1,9 millóns.
Publicado por o día 18/01/2021 na sección de Concello de Vigo,Galicia,Vigo

O Concello avanza no derrubo do scalextric e ultima o inicio da nova Praza da Estación

O alcalde visitou este luns o avance das obras de demolición do paso elevado da rúa Lepanto sobre Alfonso XIII, último vestixio do scalextric de Vigo que será tamén parte da historia a finais deste mes de xaneiro, cando se abrirá a rúa. O Concello adica ao efecto máis de 100.000 euros, incluídos nos 11,8 millóns -que licita e executa a administración- das obras para os accesos á nova estación do AVE de Urzáiz.

Unha “gran laminadora”, segundo explicou Abel Caballero, traballa xa nos cortes do acceso á autoestrada, que permanecerá pechado ao tráfico nos próximos meses. Aproximadamente no mes de outubro comenzará a funcionar o túnel que conectará Lepanto coa AP-9.

Coa estación do AVE deseñada por Thom Mayne avanzando a bo ritmo (prevé a súa apertura a finais deste verán), o entorno tamén acelera a súa transformación. O Concello conta con iniciar esta mesma semana os traballos de humanización da Praza da Estación e da Baixada a estación, “seguramente mañá (por este martes)”, concretou o alcalde. A remodelación da Praza presenta un orzamento de 1,9 millóns de euros e contempla a reconstrución contra o muro de Urzáiz da fachada de pedra da antiga terminal ferroviaria.

En paralelo, anotou Caballero, o goberno de Vigo completará a praza cun ascensor ata a unión de Vía Norte con Urzáiz, no espazo que ocupaban antes as escaleiras. A previsión municipal é presentar a próxima semana o modelo de elevador que sairá a concurso público. Neste caso, a construción comezará unha vez finalizada á humanización da Praza da Estación, prevista para o mes de xullo.