O Concello cederá 170 vallas máis a colexios para adaptar espazos ás medidas sanitarias

Abel Caballero informou este venres de que o Concello cederá 170 vallas máis solicitadas por colexios da cidade para adaptar os seus espazos e poder cumprir as medidas sanitarias. Ademais, a Xunta de Goberno Local aprobou a prórroga do contrato para a xestión da Escola Infantil Atalaia de Teis.
Publicado por o día 20/11/2020 na sección de Concello de Vigo,Galicia,Vigo

O Concello cederá 170 vallas máis a colexios para adaptar espazos ás medidas sanitarias

O alcalde de Vigo, Abel Caballero, avanzou este venres en rolda de prensa que o Concello entregará a vindeira semana 170 vallas máis aos colexios que o solicitaron para poder adaptar os seus espazos ás novas medidas sanitarias. En total, o goberno local xa cedeu 470 vallas a un total de 35 centros escolares e 4 escolas infantís.

Segundo explico o rexedor aos medios de comunicación, o Concello está intensificando os plans de tráfico nas entradas e saídas do colexio. “É o momento de estar moi atento e manter a precaución”, sinalou.

Escola Atalaia

Ademais, o rexedor informou de que a Xunta de Goberno aprobou a prórroga do contrato para a xestión da escola infantil Atalaia de Teis durante todo o ano 2021 por un importe de 176.000 euros. O Concello dispón de 620 prazas nas súas oito escolas e ten un orzamento total de 1.565.131 euros.

Escola de Bembrive

O alcalde tamén avanzou que este ano abrirá a novena escola infantil, construída pola Fundación Amancio Ortega en Bembrive, con outras 82 prazas e un investimento municipal de 200.000 euros. O Concello subvenciona o 82% do custe de cada praza , de modo que cada usuario paga unha media do 18% do prezo de cada praza e máis da metade das familias non pagan nada.

Comentar noticia

Your email address will not be published.