O Concello celebra o ‘Día Internacional da Auga’ distribuindo 3.000 exemplares dun manual de bos usos da mesna co titulo ‘No Porriño amamos a auga’

No marco do Día Internacional da Auga, o Concello do Porriño vén de entregar 3.000 exemplares dun manual de bos usos co título ‘No Porriño amamos a auga’, que distribuíuse en establecementos comerciais e centros de ensino da vila.

O obxectivo desta iniciativa é acadar o interese e a atención das veciñas e veciños do Porriño no que se fala dos motivos para aforrar auga, o tratamento da mesma para o seu consumo, os diferentes servizos públicos da auga, as iniciativas e acciones que poden desenrolar as familias para contribuír á protección deste ben común, un repaso sobre o ciclo hídrico, como utilizar a calefacción e o aire acondicionado, as billas ou como temos que empregar a auga na horta e no xardín.

Así mesmo, este xoves, a alcaldesa do Porriño, coma presidenta de Augas do Louro,asistiu á celebración da segunda xornada de portas abertas na na estación depuradora deste organismo en Guillarei.

Durante a mesma tivo lugar a presentación do terceiro concurso de debuxo infantil, que este ano tratará sobre a potabilización co lema “A emocionante viaxe da auga dende a natureza ata a túa casa”. O premio para o gañador de cada Concello será unha Tablet Samsung de 7 polgadas e para os finalistas unha cámara dixital acuática.

No concurso participarán rapazas e rapaces de 3º e 4º de Educación Primaria dos Concellos de Mos, O Porriño, Salceda de Caselas e Tui, sendo o prazo de presentación dos debuxos o comprendido entre o 1 de Abril e o 20 de Maio.

Noticias de última hora en Vigo

SIGUENOS EN TELEGRAM