O Concello colabora co CEIP A Reigosa na renovación e mellora da biblioteca do centro

O Salón de Actos será reconvertido en biblioteca e os operarios municipais pintaron toda a sala nunha cor máis acorde ao novo uso
Publicado por o día 09/01/2020 na sección de Galicia,Ponte Caldelas

O Concello colabora co CEIP A Reigosa na renovación e mellora da biblioteca do centro

O CEIP A Reigosa ten previsto o cambio de ubicación da biblioteca, para que un servizo tan importante para o alumnado conte cun espazo máis amplo, máis versátil e acorde aos novos tempos. Por iso, os operarios do Concello de Ponte Caldelas estiveron nos últimos días traballando no centro para pintar o actual Salón e Actos na cor escollida polo centro, que seguirá mantendo as súas funcións e acollerá tamén todo o fondo bibliográfico do centro, así como varios espazos diferenciados onde os rapaces poidan desfrutar da lectura e sacar un maior partido á biblioteca.

O alcalde de Ponte Caldelas, Andrés Díaz, visitou as obras coa directora do centro, Conchi Otero, e a secretaria, que amosaron a súa satisfación polos traballos realizados e xa consensuaron con Díaz outras melloras que queren poñer en marcha no centro, ao que o alcalde ofreceu a súa total colaboración. Os centros educativos de Ponte Caldelas son unha prioridade para Díaz e así o amosa mantendo un contacto directo cos directores e as ANPAS dos colexios A Reigosa, Manuel Cordo Boullosa e o IES Ponte Caldelas.