O Concello colabora con AFAGA na prevención do deterioro cognitivo dos maiores

O alcalde explicou que se está detectando que as persoas maiores acusan especialmente o illamento nesta situación de pandemia, polo que o goberno municipal doará 15 tabletas para o desenvolvemento do programa “Cultiva tu mente”.
Publicado por o día 14/05/2020 na sección de AFAGA,Concello de Vigo,Galicia,Social,Vigo

O Concello colabora con AFAGA na prevención do deterioro cognitivo dos maiores

O Concello en colaboración con AFAGA, a Asociación de familiares de enfermos de Alzheimer, participa no programa “Cultiva tu mente” que ten o obxectivo de previr o deterioro cognitivo das persoas maiores.

Abel Caballero deu conta este xoves da iniciativa explicando que se detecta que durante o confinamento as persoas de idade avanzada está acusando de forma especial o illamento, sufrindo unha “ralentización do seu sistema cognitivo”. Por iso, á proposta de AFAGA, o goberno de Vigo cooperará para favorecer a súa recuperación, promovendo un estilo de vida activo e saudable con estratexias de memoria activas, coñecemento cognitivo, promoción das relaciones sociais e prevención da soidade.

“Cultiva tu mente” é un teleprograma personalizado que está dirixido a persoas de máis de 55 anos que realizarán sesións no seu domicilio de forma telemática, dunha hora de duración, dúas veces por semana. O Concello poñerá á disposición de AFAGA 15 dispositivos electrónicos para que os participantes no programa poidan seguir as sesións que coordinará a entidade. A previsión é que poida iniciarse en canto estean entregadas as tabletas.

Comentar noticia

Your email address will not be published.