O Concello concede licencia para un proxecto de Alfonso Penela para rehabilitar dous edificios en Alfonso XIII

A Xerencia de Urbanismo ven de autorizar un proyecto do arquitecto Alfonso Penela para rehabilitar dous edificios da rúa Alfonso XIII. A reforma deberá respetar e conservar as fachadas así como recuperar a configuración especial do baixo comercial.
Publicado por o día 12/06/2019 na sección de Concello de Vigo,Galicia,Vigo

O Concello concede licencia para un proxecto de Alfonso Penela para rehabilitar dous edificios en Alfonso XIII

A Xerencia de Urbanismo ven de autorizar un proyecto do arquitecto Alfonso Penela para rehabilitar dous edificios da rúa Alfonso XIII. A reforma deberá respetar e conservar as fachadas así como recuperar a configuración especial do baixo comercial. 

A Xerencia de Urbanismo do Concello de Vigo deu o visto e prace á rehabilitación de dous inmobles da rúa Alfonso XIII baixo un proxecto de reforma do recoñecido arquitecto Alfonso Penela.

Segundo informou este mércores o alcalde de Vigo, Abel Caballero, o departamento de Urbanismo municipal concedeu licencia para as obras de rehabilitación integral de dos edificios existentes nos números 6 e 8 da rúa Alfonso XIII. O investimento que levará a cabo a empresa promotora ronda os 1,2 millóns de euros e a reforma deberá conservar as fachadas e respectar as características protexidas.

A obra ten como obxectivo construír dous garaxes de dúas plantas para 21 prazas, dous locais comerciais no baixo e vivendas. O alcalde explicou que o inmoble nº6 está incluído no Plan Especial e Catálogo Complementario de Edificios, Conxuntos e Elementos a conservar en Vigo (PEEC).

Caballero indicou que a rehabilitación, seguindo as normas de protección dos inmobles, especifica que respecto ao baixo comercial do nº6 deberá conservar ou recuperar a configuración esencial, en especial no relativo á escada curva, a entreplanta e o piar existente.

Comentar noticia

Your email address will not be published.