O Concello continúa a humanización de Venezuela que ascende a case 5 millóns de euros

A Xunta de Goberno Local vén de aprobar o proxecto para a mellora da rede de abastecemento e saneamento no tramo entre Taboada Leal e Marqués de Alcedo, que estaba pendente do permiso de Patrimonio da Xunta de Galicia.
Publicado por o día 28/01/2019 na sección de Concello de Vigo,Galicia,Vigo

O Concello continúa a humanización de Venezuela que ascende a case 5 millóns de euros

“Está quedando unha humanización excepcional” asegurou este luns Abel Caballero ao dar conta da aprobación do proxecto técnico e os custos asociados ao mesmo para a mellora da rede de abastecemento e saneamento na rúa Venezuela, no tramo que vai dende Taboada Leal ata Marqués de Alcedo e que ten un orzamento de 513.000 euros. O investimento total na rúa Venezuela, incluído o parque infantil, chega ata os case 5 millóns de euros, segundo apuntou.

O rexedor explicou que as obras supoñen a continuación da humanización que está acometendo o goberno municipal desde Pizarro e “traémola ata Taboada Leal, que estaba pendente da autorización de Patrimonio da Xunta de Galicia” a que, dixo, finalmente “non lles quedou más remedio que conceder o permiso”.

O proxecto contempla a renovación das beirarrúas, dos bordos e pavimentos, das redes de saneamento, abastecemento e pluviais así como a incorporación de xardineiras e a aglomeración da rúa.