O alcalde do Grove e os concelleiros de Medio Rural e de Limpeza e Espazos Públicos visitaron esta mañá as obras de creación da Escola de Remo Adaptado que se están realizando na zona do Local Social do Club de Remo Mecos. As obras avanzan a bo ritmo e xa se atopan case rematadas no que se refire á parte exterior, inda que quedan actuacións importantes na zona interior. Lembramos que este espazo será accesible por completo e que require actuacións que garantan este feito, ao tempo que permite gañar espazo de adestramento e tamén na zona de terraza. O ximnasio accesible é, sen dúbida, unha das grandes achegas desta obra, ademais da instalación dun ascensor.
Esta actuación conta cun orzamento próximo aos cen mil euros, procedentes do Plan Concellos, e ten previsto un prazo de execución que se estende ata o mes de decembro deste ano, polo que será nesas datas cando poida contarse con este novo servizo que, ademais, estará conectado co edificio actual.
Noticias de última hora en Vigo