O Concello contrata unha asistencia técnica para elaborar o novo prego do abastecemento e saneamento

A Xunta de Goberno Local do Concello de Vigo aprobou este xoves a a contratación de consultoría e asistencia técnica para o estudo das infraestructuras e servizos vinculados á rede de abastecemento e saneamento. Ademais, deu o visto e prace ás obras de humanización da rúa Juan de Bastos e aos convenios con CCOO, UGT e Agarimo.
Publicado por o día 10/10/2019 na sección de Concello de Vigo,Galicia,Vigo

O Concello contrata unha asistencia técnica para elaborar o novo prego do abastecemento e saneamento

O Concello de Vigo aprobou na Xunta de Goberno Local o expediente de contratación dos servizos de consultoría e asistencia técnica para o estudo e análise técnico das infraestruturas e servizos vinculados á rede de abastecemento e saneamento do Concello de Vigo.

Segundo explicou o alcalde en rolda de prensa, o importe do contrato é de 121.125 euros e obedece á situación da fase preparatoria de liquidación do actual contrato del servizo público municipal de abastecemento da agua e saneamento, que finaliza o 31 de decembro de 2020, polo que este é un dos pasos obrigados para a redacción do novo prego.

“Debemos coñecer e fiscalizar toda a información relativa ás infraestruturas da agua e detectar as necesidades das mesmas para incluílas no prego do novo contrato”, explicou Abel Caballero aos medios de comunicación.

Convenios con CCOO e UXT

Ademais, a Xunta de Goberno Local deu o visto e prace aos convenios con CCOO Vigo, por importe de 9.676 euros, para o estudo de plans e medidas de igualdade nas empresas derivadas da negociación colectiva e coa unión comarcal de UXT Vigo, por importe de 22.000 euros, no marco do fomento de emprego para o desenvolvemento do programa ActiVigo. Tamén a un convenio de 13.000 euros coa asociación Agarimo para gastos de mantenemento e alquiler do seu local social e as súas actividades.

Por último, aprobou a adxudicación da contratación das obras de construcción de beirarúas en Abade Juan de Bastos de Matamá con un importe do proxecto de 205.067 euros. O prazo estimado da obra é de 3 meses.