O Concello convoca aos hostaleiros da zona de Beiramar para informar de primeira man sobre a Ordenanza de Terrazas

A convocatoria está dirixida aos establecementos de hostalería situados na zona portuaria.
Por o 13/03/2018 | Sección: Galicia
O Concello convoca aos hostaleiros da zona de Beiramar para informar de primeira man sobre a Ordenanza de Terrazas
Compartir en:

O Concello do Grove convoca aos restaurantes, cafeterías e establecementos de hostalería en xeral situados na Avenida de Beiramar e, máis concretamente na zona afectada por Portos de Galicia. O obxectivo é informar de primeira man sobre a Ordenanza de Terrazas e a súa aplicación nesta zona. A reunión terá lugar o vindeiro mércores, 14 de marzo ás 20.30 horas na Sala das Cunchas do Concello do Grove.

Tal e como se fixera con respecto á Rúa Castelao, o Concello do Grove quere que a información sobre a normativa relativa as terrazas no Grove sexa coñecida de xeito claro e directo, evitando así que coa chegada da temporada alta se poidan producir incidencias. O obxectivo final é garantir unha correcta convivencia entre veciños e veciñas, visitantes e terrazas facendo que este importante atractivo turístico funcione, pero sen producir problemas aos peóns.