O Concello cooperará cos libreiros na potenciación da lectura

Abel Caballero visitou unha libraría da cidade para amosar o seu apoio ao sector, que hoxe xoves, 23 de xullo, celebra un particular día do libro marcado polo Covid-19. Concello e Federación organizan unha xornada na que os exemplares toman as rúas. O alcalde adiantou a cesión de espazos públicos para a organización de actividades.
Publicado por o día 23/07/2020 na sección de Concello de Vigo,Galicia,Vigo

O Concello cooperará cos libreiros na potenciación da lectura

Xunto ao edil de Cultura, o alcalde vigués achegouse este xoves a Librouro polo día do libro, que se conmemora este xoves 23 por mor da pandemia. A Federación de Libreiros e o Concello de Vigo colaboran para facilitar a saída dos libros ás rúas e permitindo ás librerías ocupar parte da vía pública para a difusión e venda de exemplares.

Abel Caballero quixo trasladar o seu apoio ao sector e animou ao colectivo a que propoñan ao Concello ideas para potenciar a lectura e a compra do libro: “Cooperaremos cunha parte tan importante do mundo da cultura, que está a pasar por un mal momento”, explicou en rolda de prensa posterior.

A modo de exemplo, o rexedor vigués citou que a administración local cederá espazos públicos aos libreiros para que poidan organizar actividades como presentación de novidades literarias, dado que as restricións de aforo derivadas do coronavirus complican a celebración destes eventos nos seus propios establecementos.

Comentar noticia

Your email address will not be published.