O Concello da Guarda impartirá un obradoiro de emprego a 20 desempregados

Publicado por o día 03/10/2019 na sección de A Guarda,Galicia

O Concello da Guarda impartirá un obradoiro de emprego a 20 desempregados

A Xunta aproba o obradoiro de emprego “Manuel B. Portela VI” de “Atención sanitaria a persoas dependentes no domicilio”.

Trátase dun programa mixto de emprego e formación no que os participantes acadarán un certificado de profesionalidade.

A finalidade do obradoiro e mellorar a ocupabilidade das persoas desempregadas posibilitando ao alumnado a realización dun traballo efectivo que, xunto coa formación para o emprego recibida, busque a súa cualificación profesional e inserción laboral nun sector, o asistencial, con unha importante demanda.

A duración do obradoiro será de 9 meses e contará cun investimento de 336.446€.

Os participantes terán un contrato de formación durante a duración do obradoiro.

A selección de candidatos farase a través do INEM e, dado que se trata dunha formación de nivel II, os inscritos como demandantes deberán ter a titulación de graduado na ESO.