O concello da Guarda organiza unha andaina pola ruta máxica de Oia o sábado 26 de maio

A ruta, guiada pola Asociación Costa de Castros, comezará nos petroglifos do miradoiro da Pedreira e percorre 18 km da Serra da Groba
Publicado por o día 21/05/2018 na sección de A Guarda,Galicia

O concello da Guarda organiza unha andaina pola ruta máxica de Oia o sábado 26 de maio

A andaina Ruta Máxica de Oia foi programada para dar comezo as Andainas organizadas polo Concello da Guarda e Caminha pero debido ás malas previsións meteorolóxicas do mes de marzo foi aprazada.

Finalmente esta andaina terá lugar o próximo sábado 26 de maio polo que os interesados deben confirmar a súa asistencia na Oficina de Turismo do Concello da Guarda ou no tel. 986614546 ou no mail [email protected]

A Ruta Máxica de Oia, guiada pola Asociación Costa de Castros, percorre uns 18km da Serra da Groba pasando polas parroquias costeiras deste concello.

A ruta sinalizada comezará no miradoiro da Pedreira onde se atopan petróglifos e continuará coñecendo outros gravados rupestres ata chegar ao río Broi e ao espazo natural das Sobreiras do Faro, o bosque mediterráneo máis occidental.

Despois ascenderase ata o Castro do Cano do Mouros e as Pozas de Mougas onde se realizará o xantar. Nesta última parte do percorrido descenderase ata o Castro de Cabeziña. A ruta rematará na estrada PO552 onde se atopa o Camping O Muíño.