O Concello da Guarda solicita o aumento das visitas das unidades móbiles da ITV para vehículos agrícolas

Publicado por o día 21/09/2018 na sección de A Guarda,Galicia

O Concello da Guarda solicita o aumento das visitas das unidades móbiles da ITV para vehículos agrícolas

O Concello da Guarda vén de remitir unha carta á empresa Supervisión y Control, S.A. empresa encargada dos desprazamentos das unidades móbiles para as inspeccións técnicas de vehículos, solicitando o aumento da frecuencia das visitas destas unidades para a realización das inspeccións técnicas aos vehículos agrícolas existentes no municipio.

Esta solicitude realízase ante a demanda constatada, sendo precisa unha maior frecuencia das visitas para facilitar aos propietarios de vehículos agrícolas a realización da inspección técnica dos seus vehículos.

Dende o Concello da Guarda agárdase que se teña en conta esta solicitude para evitar desprazamentos innecesarios ante as poucas alternativas existentes.