O Concello da Guarda xa está conectado a S.I.R

Publicado por o día 03/09/2019 na sección de A Guarda,Galicia

O Concello da Guarda xa está conectado a S.I.R

Dende o pasado mes de xullo o Concello da Guarda está conectado ao SIR (Sistema de interconexión de rexistros)  o que permite dende esa data facer envíos a calquera outra administración de xeito electrónico, sempre e cando esta tamén estea conectada a dito sistema.

Deste xeito o servizo do Portelo da Xunta de Galicia xa non está en funcionamento, polo que os envíos faranse a través do rexistro do propio concello. Poderán acceder a este servizo de envíos a outras administracións(Xunta de Galicia, Administración do Estado, Administracións Autonómicas, Administración Local…), calquera das persoas que non estean obrigadas a relacionarse de xeito electrónico coa administración, segundo establece o artigo 14 da Lei 39/2015:

Artigo 14. Dereito e obriga de relacionarse electronicamente coas administracións públicas.

1. As persoas físicas poderán elixir en todo momento se se comunican coas administracións públicas para o exercicio dos seus dereitos e obrigas a través de medios electrónicos ou non, salvo que estean obrigadas a relacionarse a través de medios electrónicos coas administracións públicas. O medio elixido pola persoa para comunicarse coas administracións públicas poderá ser modificado por aquela en calquera momento.

2. En todo caso, estarán obrigados a relacionarse a través de medios electrónicos coas administracións públicas para a realización de calquera trámite dun procedemento administrativo, ao menos, os seguintes suxeitos:

a) As persoas xurídicas.

b) As entidades sen personalidade xurídica.

c) Os que exerzan unha actividade profesional para a cal se requira colexiación obrigatoria, para os trámites e actuacións que realicen coas administracións públicas no exercicio da dita actividade profesional. En todo caso, dentro deste colectivo entenderanse incluídos os notarios e rexistradores da propiedade e mercantís.

d) Os que representen un interesado que estea obrigado a relacionarse electronicamente coa Administración.

e) Os empregados das administracións públicas para os trámites e actuacións que realicen con elas por razón da súa condición de empregado público, na forma en que o determine regulamentariamente cada Administración.

3. Regulamentariamente, as administracións poderán establecer a obriga de relacionarse con elas a través de medios electrónicos para determinados procedementos e para certos colectivos de persoas físicas respecto das cales, por razón da súa capacidade económica, técnica, dedicación profesional ou outros motivos, quede acreditado que teñen acceso e dispoñibilidade dos medios electrónicos necesarios.

Este é un novo avance no proceso da evolución da administración electrónica, reducindo o tempo dos envíos de documentacións e o consumo e emprego de papel, mellorando a relación entre os cidadáns e as administracións.

Comentar noticia

Your email address will not be published.