O Concello da Lama incrementa os seus efectivos cun novo vehículo para servizos de mantemento e conservación medioambiental

A pick up procede do Fondo de Compensación Ambiental da Vicepresidencia da Xunta de Galicia
Publicado por o día 11/08/2020 na sección de Galicia

O Concello da Lama incrementa os seus efectivos cun novo vehículo para servizos de mantemento e conservación medioambiental

O alcalde da Lama, Jorge Canda Martínez, recepcionou esta mañá nas inmediacións do Consistorio unha furgoneta pick up que vendrá a fornece-los efectivos municipais en materia de servizos de mantemento e conservación medioambiental.

Este novo vehículo que se incorporará a labores de mantemento do Concello da Lama procede dunha axuda da Vicepresidencia da Xunta a través do Fondo de Compensación Ambiental.

A nova pick up virá a incorporarse á plantilla de vehículos municipais e terá como principal cometido os traballos de mantemento e conservación medioambiental que se levan a cabo por parte da brigada de obras e servizos do municipio.

Jorge Canda agradeceu á Vicepresidencia da Xunta este novo vehículo que virá a completar a plantilla dos xa esistentes. “O certo é que esta nova furgoneta pick up permitirá ampliar a nosa capacidade operativa posto que é un vehículo perfectamente axeitado para labores de mantemento e conservación medioambiental e que ten capacidade operativa para adaptarse ás necesidades dos distintos lugares e parroquias da Lama”.

Comentar noticia

Your email address will not be published.