O Concello das Neves adquire un camión grúa

O novo vehículo está equipado con caixa aberta, basculante e grúa
Publicado por o día 05/11/2018 na sección de As Neves,Galicia

O Concello das Neves adquire un camión grúa

A está nova adquisición do camión grúa financiase mediante o plan Revitaliza, plan de compostaxe que se está a implantar nas Neves coa colaboración da Deputación de Pontevedra.

O vehículo da marca Isuzu foi o que resultou gañador do proceso aberto do contratación no que participaron ata 5 cinco empresas. Algunhas das características do camión son 1.80m de ancho, 5.5 tn de mma, 140cv, grúa con gancho, pinzas e cazos, basculante, gancho para remolque e suplementos de baldera para gañar altura na carga.

Este camión é moi versátil polo seu tamaño e ideal para o servizo que se precisa para a compostaxe como é a carga, transporte de restos de poda e o movemento de estruturante. Pero amáis servirá para moitas outras funcións dentro dos servizos públicos que presta o Concello, quén non dispuña deste tipo vehículo.