O Concello das Neves rematou, con cargo a fondos dunha achega recibida da Deputación, a reposición da sinalización de diferentes localizacións da vila.

A área panorámica do monte de San Nomedio, e as entradas nas Neves que veñen de Arbo, Salvaterra, Ponteareas e Vilasobroso contan con novos sinais.
Publicado por o día 13/05/2019 na sección de As Neves,Galicia

O Concello das Neves rematou, con cargo a fondos dunha achega recibida da Deputación, a reposición da sinalización de diferentes localizacións da vila.

A área panorámica do monte de San Nomedio, e as entradas nas Neves que veñen de Arbo, Salvaterra, Ponteareas e Vilasobroso contan con novos sinais.

Do mesmo xeito, e de cara a impulsar o ámbito turístico, hai xa sinalización do Sendeiro dos Frades e o Camiño dos Pescadores e, en relación con este último, está en marcha o proxecto para a indicación da ‘Ruta Circular’ do camiño nas parroquias e dentro das Neves.

Nova web

No que atangue á promoción turística das Neves, o Concello conta cun vínculo específico de Turismo na nova web municipal no que as persoas interesadas poden atopar a información que precisen. A mesma fai referencia a propostas culturais, a enclaves paisaxísticos, rutas de sendeirismo, etnografía, gastronomía, medio natural ou historia e arqueoloxía, eido no que se acometerá unha acción especial para difundir os Petroglifos de A Coutada, en Taboexa, o principal descubrimento da arte rupestre galega dos últimos 20 anos.

Nas vindeiras datas o Concello dará a coñecer nas redes sociais municipais un vídeo promocional de As Neves que amosará os principais atractivos e reclamos da vila.

Sinalización de todo o concello

Esta iniciativa complementa a de finalización da sinalización informativa nos barrios e parroquias. En total colocáronse 285 sinais que hoxe, logo dun traballo de dous anos, toda As Neves estea sinalizada.

Este foi un dos proxectos nos que o Goberno local puxo maior interese que ademáis era unha das principais demandas das veciñas e veciños, tal e coma deixaron claro nas xuntanzas do ‘Concello Escoita’.

Comentar noticia

Your email address will not be published.