O Concello de Baiona canaliza e amplía o Camiño Portameán e o viario da Rega en Belesar

O Concello de Baiona está a executar obras de mellora en dous viarios de importante circulación de tráfico na parroquia de Belesar, de maneira que “se aumentou a seguridade viaria, así como mellorouse a drenaxe de auga de choiva”, segundo explicou o Alcalde, Ángel Rodal.
Publicado por o día 24/09/2018 na sección de Baiona,Galicia

O Concello de Baiona canaliza e amplía o Camiño Portameán e o viario da Rega en Belesar

O Concello de Baiona está a executar obras de mellora en dous viarios de importante circulación de tráfico na parroquia de Belesar, de maneira que “se aumentou a seguridade viaria, así como mellorouse a drenaxe de auga de choiva”, segundo explicou o Alcalde, Ángel  Rodal.

Unha das actuacións afectou á cuneta do camiño  Portameán.  Neste caso executouse unha nova fase dunha obra que supón a creación dunha canalización de formigón que garanta a evacuación da auga de choiva “á vez que se amplía o espazo da cuneta, o que aumenta a seguridade na circulación”, matizou  Rodal.

O segundo viario afectado por este plan de mellora é o da  Rega, xunto a un parque infantil de recente creación, unha estrada que é moi frecuentado por vehículos agrícolas, pero tamén polos veciños particulares dos veciños xa que conecta varios núcleos de poboación da parroquia. Igualmente, levouse a cabo a creación dunha canalización de formigón, mellorado a drenaxe.  Nas próximas xornadas executarase o citado desnivel, ampliando de maneira considerable a anchura da estrada “o que tamén aumenta a seguridade viaria”.

Os traballos levados a cabo ao longo polos operarios municipais supoñen unha importante mellora nos viarios.

“É para nós unha prioridade mellorar as condicións que presentan a nosa rede viaria rural para facilitar a circulación nos camiños municipais, así como que as nosas parroquias conten con infraestruturas de calidade que garantan o mellor servizo aos nosos veciños, podendo estes acceder ás súas vivendas nas mellores condicións posibles”, matizou  Rodal.

De aí, que fose incluído como un dos camiños para arranxar con carácter urxente dentro do plan do  Concello de mellorar e acondicionar todas as vías do municipio, dando prioridade ás que presentan maior necesidade.