O Concello de Baiona comezará, en breve, co reparto de máscaras de protección a toda a cidadanía

O alcalde de Baiona lembra que o pedido fíxose hai un mes “dificultado polos problemas das empresas provedoras sobrepasadas pola enorme demanda”
Publicado por o día 12/05/2020 na sección de Baiona,Galicia

O Concello de Baiona comezará, en breve, co reparto de máscaras de protección a toda a cidadanía

O Concello de Baiona comezará, nas vindeiras datas, a repartir máscaras de protección entre toda a cidadanía. O reparto farase unha vez recibido a metade do pedido realizado polo Goberno local hai case que un mes. O envío de material atrasouse debido, fundamentalmente, aos problemas das empresas subministradoras “sobrepasadas pola enorme demanda deste tipo de proteccións”.

En todo caso, explica o alcalde Carlos Gómez, o pedido “fíxose antelación suficiente e con vistas a que, unha vez rematado o período de confinamento, as veciñas e veciños de Baiona poidan saír ás rúas debidamente protexidos”.

As máscaras de protección serán distribuídas a todos os veciños e veciñas por membros de Protección Civil do Val Miñor e persoas voluntarias de Baiona aos que o alcalde “quixo agradecer extraordinario traballo que están a desenvolver dende o inicio do estado de alarma”.

Dende o inicio da crise sanitaria, o Concello de Baiona desenvolveu medidas activas de protección da cidadanía como foron, entre outras moitas, a desinfección exhaustiva dos denominados lugares sensibles como a contorna do centro de saúde, establecementos de alimentación, farmacias e lugares de maior afluencia de persoas; medidas de protección específicas para o persoal municipal que, pola natureza do seu traballo, tiñan que estar a pé de rúa; desinfección con ozono dos vehículos policiais e de servizo municipal ou a distribución de pantallas de protección aos comercios locais que tiñan permitido abrir as súas portas.

Comentar noticia

Your email address will not be published.