O Concello de Baiona desenrola o programa “Tecendo lazos” promovido pola Deputación de Pontevedra

Publicado por o día 16/09/2019 na sección de Baiona,Galicia

O Concello de Baiona desenrola o programa “Tecendo lazos” promovido pola Deputación de Pontevedra

Este ano o departamento de Servizos Sociais, apostou pola temática “OBRADOIRO DE XOGOS CON RISAS ASEGURADAS” dentro do programa “Tecendo Lazos” promovido pola Deputación de Pontevedra.

A inscrición no mesmo asegura a diversión, nos que poden acceder dende os máis pequenos ata os mais maiores de cada familia.

Con unha duración de 16 horas repartidas nas tardes dende o 7 ao 11 de Outubro, en horario de 16:00 a 19:30 horas.

Os interesados en participar no obradoiro deberán facer a súa inscrición no departamento de Servicios Socias a partir de xoves día 5 ata o 24 de setembro  en horario de 9:00 a 14:00. Para calquera dúbida o consulta serán atendidos no número de teléfono 986 38 59 26.

Comentar noticia

Your email address will not be published.