O concello de Bueu organiza un mercado mariñeiro

Publicado por o día 21/09/2018 na sección de Bueu,Galicia

O concello de Bueu organiza un mercado mariñeiro

A concellería de Promoción económica, dirixida por Silvia Carballo, coa colaboración de Fecimo, comerciantes locais, a Asociación de Productores Mejilloneros e a Asociación Veciñal da Banda do Río, organiza o vindeiro 23 de setembro un mercado mariñeiro no barrio da Banda do Río, co obxectivo de dinamizar este espazo.

Esta experiencia créase para promover a parte produtiva, cultural e servizos vinculada co mundo do mar, e por iso ademais de expositores de venda, o mercado contará con actividades complementarias relacionadas co mundo do mar.

O goberno local leva traballando desde o 2013 na aposta polos mercados ecolóxicos, artesanais e temáticos, cuxos obxectivos son revitalizar e promover o consumo de produtos de proximidade, fomentar a relación entre consumidor e vendedor e recuperar as prazas e rúas como espazos de convivencia.

PROGRAMA DO MERCADO

11.00 H: APERTURA DO MERCADO COS EXPOSITORES
13.00 H: CHARLA “INVESTIGACIÓN CON MOLUSCOS”, A CARGO DE ANTONIO LOZANO DO LABORATORIO ASMECRUZ
13.30 H: CATA DE CONSERVAS, A CARGO DE CONSERVAS ANTONIO ALONSO
17.30 H: CONTACONTOS “PERIPLO ATLÁNTICO” CON POLO CORREO DO VENTO
18.30 H: DOCUMENTAL “A OUTRA FACIANA DO MAR” CO COLECTIVO FOTOGRÁFICO ABRENOITE
20.00 H: PECHE DO MERCADO