O concello de Cangas fai público “enredos de verán 2018”

Publicado por o día 08/05/2018 na sección de Cangas,Galicia

O concello de Cangas fai público “enredos de verán 2018”

O Concello de Cangas a través das Concellarías de Ensino e Deportes, Servizos Sociais, Igualdade e Sanidade, e Xuventude e Voluntariado organiza, de novo, o programa ENREDOS DE VERÁN 2018, que se desenvolverá desde o 2 de xullo ao 24 de agosto en Cangas e Aldán.

PARTICIPANTES
De 4 a 12 anos
1.- En canto ás idades mínimas e máximas deberá terse en conta o seguinte:
– Os/As nados/as no ano 2005 non poderán cumprir 13 anos antes da finalización do
campamento.
– Idade mínima: Nados no ano 2014

PRESENTACIÓN DE SOLICITUDES

As solicitudes presentaranse no Rexistro Xeral do Concello, por calquera dos medios establecidos no art. 38.4 da Lei 30/1992, do 26 de novembro, de réxime xurídico das administración públicas e do procedemento administrativo común.

Os impresos de solicitude deben ser cubertos de acordo coas seguintes normas:

a) Cada mozo ou moza só poderá cubrir unha solicitude e elixirá o tipo de quenda, así como os días de asistencia tanto para actividades como para o comedor.
b) Os datos da persoa solicitante deben ser os da rapaza ou rapaz que opta a participar nas actividades.
c) As solicitudes deberanas asinar os/as pais/nais ou titores/as dos menores.

Para recoller a solicitude e maior información débese acudir á Casa da Xuventude.

PRAZOS

Presentación de solicitudes

Do 7 ao 25 de maio
PREZOS

* Por semana enteira. 25 €/ semana
* Tres día a semana (Luns, mércores e venres) 15 €/semana
* Dous días a semana (martes e xoves) 10 €/semana
* Campamento naútico 1 quenda. 45 €
* Comedor 4 €/día.

Cando o importe a aboar por unha familia supere os 200€, poderá fraccionarse o pago, a petición do/a interesado/a realizándose do seguinte xeito: 1º pago- 50% no momento de realizar a inscrición, 2º pago- 50% na semana anterior ao inicio da actividade. Para solicitar o pago fraccionado deberá domiciliarse o 2º pago.

As persoas solicitantes das actividades poderán optar a unha bonificación sobre a taxa establecida en base a cumprir unha serie de requisitos:

1º.- Desconto por varios irmáns: A incrición dos irmáns terá unha bonificación do 50% cada un deles a partires da 2ª inscrición.

Esta bonificación soamente se aplicará sobre o prezo das actividades e non sobre o prezo do comedor.

2.- Desconto tendo en conta a situación económica do solicitante e o seu cónxuxe ou parella. Para ter dereito a esta bonificación as persoas interesadas deberán presentar a correspondente solicitude xunto coa documentación requirida e no prazo establecido que coincidirá co período de inscrición no programa Enredos.

Para recoller a solicitude e maior información sobre esta bonificación pode dirixirse ao CENTRO MUNICIPAL DE BENESTAR SOCIAL .