A Concellería de Servizos Sociais, Igualdade e Sanidade do Concello de Cangas informa:
Dende o luns 3 de setembro e ata o xoves 20 de setembro (ambos inclusive) estará aberto o prazo para inscribirse nos obradoiros para persoas maiores en horario de 9:30-13:30h.
Todas as persoas [email protected] deben dirixirse ao Centro Municipal de Benestar Social sito na rúa Andalucia nº3, baixo, Cangas.
Son requisitos imprescindibles para apuntarse:
- Estar empadroado/a no Concello de Cangas
- Pagar 30 euros no momento da inscrición.
- Ter mais de 55 anos: acreditando ser pensionista ou carecer de rendas, a excepción do subsidio de desemprego (e non ter traballado nos últimos 12 meses).
Os obradoiros ofertados son:
- Informática
- Ximnasia: Gatañal, Romarigo, Coiro e Aldán
- Relaxación-Ioga:Cangas e Aldán
- Pilates
- Debuxo e Pintura
- Bailes de Salón
- Memoria: Cangas e Nerga
O Concello de Cangas pretende, un ano máis, enfocar estes obradoiros dirixidos a persoas maiores, cunha dobre función social: educativa e lúdica.
Os participantes benefícianse dos diferentes obradoiros propostos polo Concello de Cangas como unha alternativa para ocupar o seu tempo de lecer, dun xeito participativo, consciente e útil.
Noticias de última hora en Vigo. Te contamos todo lo que sucede en nuestra ciudad. Desde los sucesos más relevantes hasta artículos de opinión y de interés.